Escoitar

Vigo, entre as cinco cidades españolas recoñecidas polo Observatorio dos Servizos Urbanos

O alcalde puxo en valor esta distinción dos servizos públicos de Vigo, que están "entre os mellores de España". O Observatorio cita a León, Huelva, valencia, San Sebastián de los Reyes e a Vigo, de quen destaca en particular "a xestión equilibrada dos seus orzamentos e servizos públicos".

venres, 22 xuñ 2018
Abel Caballero referiuse este venres á selección publicada polo Observatorio dos Servizos Urbanos (OSUR) recoñecendo as boas prácticas en servizos públicos, onde sitúa a Vigo entre as cinco cidades españolas distinguidas. "Volvemos a ser os mellores de España en servizos públicos", asegurou: "é extraordinario".

Vigo está polo tanto "entre os mellores de España" nos seus servizos públicos, valorou o alcalde, quen engadiu que o OSUR tamén subliña que a cidade é "exemplo de xestión equilibrada de orzamentos e servizos públicos", é dicir, que ademais da prestación de servizos "excepcionalmente bos, facémolo cunha xestión económica exemplar".