Escoitar

O Concello recorrerá o auto do TSXG que insta a demolición do Piricoto, un problema urbanístico do ano 1994

O goberno local presentará recurso de reposición ao auto do TSXG que ordena desaloxar O Piricoto en 6 meses e proceder ao seu derribo nun ano. Esta medida se adopta ao mesmo tempo que se traballa na normalización da situación a través da ordenación urbanística provisional, o que permitiría aplicar na zona o Plan Xeral do 2008 que recollía que este edificio xa se adaptaba ao contorno.

xoves, 14 xuñ 2018
O alcalde avanzou esta mañá que o Concello xa está a traballar na recuperación do ámbito do Piricoto a través da ordenación urbanística provisional, una tramitación pendente nestes momentos dun informe de Demarcación de Estradas do Estado que se prevé positivo. A partir dese momento, procederase á aprobación inicial da ordenación o que dará vía libre á normalización do inmoble. En declaracións aos medios, o rexedor explicou que o Plan Xeral do 2008 anulado polo Tribunal Supremo recollía que as circunstancias da zona cambiaron e o edificio se adapta ao entorno, una xustificación aceptada polo TSXG que non chegou a materializarse en firme xa que estaba supeditada a unhas obras que os propietarios demoraron polo que a licenza non chegou a ser definitiva. Esta situación desembocou no auto que vén de recibir o Concello e que da 6 meses de prazo para o desaloxo do inmoble -para cortar luz e auga- e 1 ano para para derrubar.

O alcalde lembrou que a situación do Piricoto deriva dunha sentenza do ano 1994, que anula unha licenza outorgada en 1991, é dicir, un conflito urbanístico con 25 anos de historia na cidade.