Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 13 de xuño de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O alcalde invita á cidade a participar o domingo na Carreira Aloya 5.0 en favor de Aspanaex

Presentada este mércores por Caballero xunto ás directoras do Aloya e Aspanaex, a cita terá lugar o domingo ás 11 horas e os fondos recadados destinaranse á construción da residencia de Aspanaex no antigo centro de especialidades de Coia.




En rolda de prensa, o alcalde puxo en valor o carácter solidario da Carreira "porque se adica ao novo proxecto de Aspanaex, que tanto significa para a cidade". Xunto á directora do Aloya, Estefanía Martínez-Brocal, e a súa homóloga de Aspanaex, Beatriz Macías, Abel Caballero eloxiou os cincuenta anos na cidade do centro de estudos, "tan importante" para a "capacitación e formación de mulleres para labores administrativas, económicas e empresariais".

A Carreira Solidaria Aloya 5.0 partirá este domingo ás 11 horas desde o propio centro de estudos, na rúa Couto. O percorrido, de cinco quilómetros, continuará por Marqués de Alcedo, Venezuela, Gran Vía, Urzáiz, Colón, García Barbón, Isaac Peral, Areal, Praza de Compostela, García Olloqui e As Avenidas. A cita, planificada para público de todas as idades, concluirá ante o Náutico cunha entrega de medallas aos gañadores das distintas categorías e un sorteo de agasallos doados polas entidades colaboradoras.

O evento pecha as actividades organizadas polo Aloya para conmemorar o seu quincuaxésimo aniversario na cidade e recadará fondos para a construción da residencia de Aspanaex no antigo centro de especialidades de Coia. Os interesados en participar poden inscribirse ata este xoves en www.cronotec.es cun prezo de dorsal de sete euros e dorsais solidarios de cinco e tres euros para aqueles que desexen colaborar e non queiran ou poidan acudir á carreira deste domingo.
Mais noticias
O alcalde destaca a "transformación da cidade" no terceiro ano do seu terceiro mandato ao fronte do goberno vigués
Abel Caballero reúnese o martes coas ONG's para coordinar a acollida dos refuxiados do Aquarius


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003