Escoitar

Concello e Federación Galega acordan recuperar para Vigo o Rally Rías Baixas

O alcalde celebrou unha reunión cos responsables da Federación Galega de Automobilismo, entrevista na que acordaron retomar a proba e a súa presenza en Vigo. Os boxes estarán posiblemente en Samil e Príncipe será o punto de saída do Rally, que se celebrará os días 11 e 12 de maio.<br />

martes, 13 mar 2018
1520950780rally.JPG
O Concello de Vigo e a Federación Galega de Automobilismo acordaron recuperar para a cidade o Rally Rías Baixas, segundo informou este martes Abel Caballero. O alcalde avanzou que "seguramente" Samil acolla os boxes da proba e a saída, o día 11 de maio, terá lugar na rúa do Príncipe.

A cita formará parte do Campionato Galego e celebrarase os días 11 e 12 de maio, cunha participación estimada nuns 150 vehículos. Adiantou o alcalde que, na reunión, Goberno de Vigo e Federación Galega abordaron a recuperación "no futuro", de cara a próximas edicións, do tramo urbano vigués de subida ao monte do Castro.
Descargar todas as imaxes