Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 14 de novembro de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O alcalde eloxia o sistema de teleasistencia OMNI pola súa capacidade de interacción

A tecnoloxía OMNI Assistance Virtual ofrece compañía e asistencia no fogar a través da televisión ás persoas dependentes. Abel Caballero valorou que a atención ás persoas maiores e aos nenos son o núcleo central do seu proxecto de cidade.




O rexedor participou este martes na presentación en Vigo do proxecto OMNI Asistente Virtual que definiu como unha "tecnoloxía imprescindible" para "apoiar e ofrecer formas de comunicar nunha visión moderna da teleasistencia" que suma á atención a distancia a interacción e outros produtos paralelos.

OMNI é un sistema autónomo de compañía e asistencia no fogar para persoas dependentes a través da televisión. Precisamente en referencia ás persoas maiores, Caballero sinalou que vivimos na sociedade da soidade pola lonxevidade e polos cambios nas pautas familiares, polo que é preciso fixar puntos de encontro para compartir coa veciñanza, algo que realiza desde o goberno municipal, dixo, onde os nenos e os maiores son o núcleo central da atención no seu proxecto de cidade.

Na presentación estiveron presentes, Rafael Silva, director xeral do grupo KIOM e Enrique Montero, conselleiro de OMNI Assistance.
Mais noticias
Vigo amplía as medidas de aforro de auga pola seca
O Concello solicita a anulación da esixencia de cofinanciamento dos centros de día da Xunta
O goberno local aproba a contratación do ascensor de San Salvador por 524.000 euros
O rexedor avoga por "perseverar" na recuperación do aeroporto, que creceu un 19% en outubro


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003