Escoitar

O goberno local aproba a contratación do ascensor de San Salvador por 524.000 euros

Caballero destaca que "segue adiante a transformación radical da cidade" cos proxectos do programa Vigo Vertical dentro da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible (EDUSI) cofinanciada pola Unión Europea.

martes, 14 nov 2017
A Xunta de Goberno Local deu luz verde este martes á proposta de adxudicación das obras para o proxecto de desenvolvemento urbano sostible de conexión da rúa San Salvador coa praza de Isabel La Católica que comunicará estas dúas zonas dun novo ascensor.

Para o alcalde a obra supón un avance na "transformación radical da cidade" cun novo ascensor público para uso das viguesas e vigueses. Súmase ao xa existente en Pi i Margall, ás escaleiras mecánicas da II República na Porta do Sol, ás escaleiras e o ascensor que conecta Pizarro co barrio de Ribadavia así como aos próximos ascensores que comunicarán Marqués de Valterra con Torrecedeira e Torrecedeira con Pi i Margall. Ademais, adiantou que o Concello instalará tamén unha escaleira que sobe á ladeira do Castro desde Camelias para "seguir co Vigo Vertical" dentro da Estratexia DUSI que se cofinancia con fondos FEDER da Unión Europea.