Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 10 de outubro de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O alcalde anima á participación o domingo 22 de outubro na V edición de Vigo contra o cancro

Todo a cidade está invitada a participar o próximo 22 de outubro, ás 10,00 h, na V edición da carreira Vigo contra o cancro. Esta mañá, durante a presentación en rolda de prensa, o alcalde eloxiou unha cita deportiva solidaria que xa conta con máis de 600 inscritos.




Abel Caballero fixo hoxe martes unha chamada á participación na V edición da carreira Vigo contra o cancro que se organizará o próximo 22 de outubro na Avenida Castelao (zona dos volcáns). A proba de carácter solidario, conta xa con máis de 600 inscritos, e o 10% dos recadado dedícase aos nenos de Oncoloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro. Ademais, este ano a Asociación Vigo contra el Cancro colabora cun proxecto europeo, conformado por diversos grupos de investigación en toda Europa chamado REQUITE.


Esta proba, nacida en 2013, está dentro do circuíto Run Run Vigo e ten ao Concello como patrocinador principal. Nestes momentos hai 433 inscritos na carreira de 5 km non competitiva (para maiores de 6 anos) e 200 na de 10 km (para maiores de 16 anos) que é a que puntúa para o circuíto Run Run Vigo.

A carreira mantén o percorrido habitual, é dicir, saída e meta nos volcáns da Avenida Castelao, e percorrido por: rúa Porriño, Padre Seixas, avenida Florida e Praza América. Os participantes nos 5.000 farán unha volta e os outros, dúas. A 2016 Vigo contra o cancro 2016 reuniu a máis de 3.500 corredores. A inscrición para este ano pódese facer a través da web Run Run Vigo ou fisicamente a través de Deportes Balbi e o Ximnasio G21.

Na rolda de prensa tamén participaron Rosa Soliño, fundadora de Vigo contra o cancro, Ana Vega, investigadora, así como Alberto de Miguel e Roberto Andrade, por parte da organización.
Mais noticias
O Concello construirá unha nova praza na confluencia de Sanjurjo Badía coas rúas Nardos e Santander
As XXIV Xornadas de Filosofía, impulsadas polo Concello, analizarán a medicina desde o prisma filosófico
O goberno de Vigo cooperará con 30.000 euros co proxecto humanitario de ACNUR en Iraq
Caballero defende no Día Mundial da Saúde Mental o dereito ao traballo das persoas con capacidades diferentes
O rexedor di que a Semana do Atlántico de vela "coloca a Vigo no lugar que lle corresponde"


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003