Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 17 de xullo de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello adica 18 millóns a humanizacións, "macro parques infantís" e á Universidade

A Xunta de Goberno Local aprobou este luns unha modificación orzamentaria para investir os máis de 18 millóns procedentes do superávit do Concello no pasado ano. O goberno vigués, explicou o alcalde, reserva 10 millóns para unha decena de humanizacións, cinco macro parques infantís e dous parques de skate, ademais de destinar outros 4 millóns á expropiacións de solo para a Universidade de Vigo.


O alcalde de Vigo informou hoxe luns da aprobación da modificación orzamentaria con cargo ao superávit municipal do pasado ano, que supera os 18 millóns de euros.

Caballero recordou que conseguiu, desde a presidencia da FEMP e en acordo co Goberno de España, que as entidades locais españolas poidan gastar os 7.000 millóns do superávit correspondente ao 2016, entre este ano e o próximo. No caso de Vigo, esta acción do alcalde de Vigo como presidente da FEMP supón recursos por valor de 18.158.000 euros.

Segundo deglosou o rexedor vigués, o Concello acometerá unha decena de humanizacións, en María Berdiales, en Purificación Saavedra, na rúa Colombia, na Vía Norte, en Camilo José Cela, en José Frau, en Fátima, na conexión entre Sanjurjo Badía e o barrio das flores, na Avenida Atlántida e no anel exterior da rúa Álvaro Cunqueiro.

O goberno vigués, anunciou Caballero, reserva outros 2,2 millóns de euros para novos "macro parques infantís" na cidade, un en Pedro Alvarado (cun investimento de medio millón de euros), outro en Navia (por importe de 1,1 millóns), en Bouzas, en Barreiro e na Praza de Independencia, por 200.000 euros cada un.

O Concello conta tamén con 360.000 euros para parques de skate. Navia terá unha pista de skate deseñada polos mesmos profesionais que se encargan deste espazo no Marisquiño, cun investimento municipal de 300.000 euros. O segundo será a mellora do de Barreiro, por 60.000 euros.

Abel Caballero engadiu que, con cargo ao superávit, o Concello fará fronte a sentenzas pendentes, ao convenio coa Zona Franca polo PTL por valor de 700.000 euros, e a outros catro millóns de euros para expropiacións de solo para a Universidade.

A este respecto, o alcalde subliñou a "colaboración" do goberno que preside coa Universidade de Vigo, que aquí se plasma no pago de 3.945.000 euros en concepto de terreos, con pagos á Comunidade de Montes de Zamáns (1.043.000 euros), á de Beade (55.000 euros) e á Entidade Local Menor de Bembrive (2.846.000 euros)
Mais noticias
O goberno local mellora a accesibilidade en 16 pasos de peóns por case 50.000 euros
O Goberno de Vigo pide a medalla ao mérito policial para o axente que salvou a vida dunha muller


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003