Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 16 de xuño de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


A banda colombiana Morat súmase á programación de Festas en Vigo 2017

O Auditorio Mar de Vigo acollerá o luns 24 de xullo o concerto do grupo colombiano Morat, unha actuación enmarcada na programación de Festas en Vigo 2017. No cartel deste ano tamén están Miguel Bosé, Carlos Vives e Crystal Fighters, ademais da segunda edición do Festival Illas Cíes.

A Xunta de Goberno deu luz verde esta mañá ao acordo de promoción do concerto de Morat, incluído na programación das festas de verán. Cunha actuación prevista o 24 de xullo no Auditorio Mar de Vigo, esta banda colombiana súmase ao cartel de Vigo en festas 2017 no que xa figuran Miguel Bosé (25 de xullo, en Castrelos); Carlos Vives (27 de xullo, en Castrelos) e Crystal Fighters (3 de agosto, en Castrelos).

Continuando cos eventos musicais, o rexedor lembrou os seis concertos conformarán a segunda edición do Festival Illas Cíes que tamén programa concertos no Parque de Castrelos e no Mar de Vigo durante as festas de verán da cidade. Caballero detallou de novo os tres concertos que xa se coñecen aos que se sumarán outros tantos. The Pretenders abrirá o festival o 20 de xullo, no auditorio de Castrelos. A segunda cita será o 21 de xullo no Auditorio Mar de Vigo co concerto de "Uxía e a Real Filharmonía de Galicia"; mentres que Roger Hodgson, antigo líder e voz icónica de Supertramp, tocará o 14 de agosto no Auditorio Mar de Vigo.

Promoción deportiva
Respecto da promoción deportiva, o goberno local aprobou esta mañá unha subvención de 5.000 euros para a organización da "Copa Vigo de fútbol 2017, impulsada pola Federación Galega e na que participaron más de 500 deportistas. Tamén recibiron apoio, neste caso de 6.000 euros, os máis de 1.500 deportistas que formaron parte do proxecto "Balonmán na rúa 2017", organizado pola Federación galega. O alcalde tamén deu conta dunha achega de 2.500 euros para o Club Deportivo da Policía Local de cara a colaborar no finanzamento da participación nos Xogos Mundiais da Policía e Bombeiros na cidade dos Ángeles.

Finalmente, a Asociación de Música Clásica, para o desenvolvemento do I Curso Internacional e Piano "Cidade de Vigo", recibirá 5.000 euros, segundo explicou o rexedor en declaracións aos medios.
Mais noticias
O bus turístico promociona as Illas Cíes na súa nova imaxe
O rexedor destaca a "grande utilidade" do programa de bono taxi, dotado con 25.000 euros
Caballero súmase á campaña en defensa do ensino da filosofía
O Concello habilita un carril bus na Avenida de Europa para axilizar o regreso das praias
O edil Manel Fernández di que a Bandeira Concello de Vigo de traiñeiras, este domingo, "conecta a cidade co mar"
BANDO
TRAFICO
TRAFICO
ANUNCIOS DE TRAFICO
XERENCIA DE URBANISMO


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003