Escoitar

Curso de monitor de Tempo Libre

venres, 27 mai 2016
Convoca: Concellería de Xuventude. Imparte: Escola Oficial de Tempo Libre Centro Xuvenil Abertal

Contido: Curso de monitores/as de actividades de tempo libre, con titulación oficial expedida pola Xunta de Galicia.

Destinatarios: Mozos/as empadroados/as na cidade de Vigo, con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos, ambos incluídos, interesados/as no tempo libre. Deberán estar en posesión do título da ESO ou equivalente.

Descrición: Curso coordinado pola Escola de tempo libre Centro Xuvenil Abertal. O curso consta dunha fase teórico-práctica de 200 horas lectivas. Ao rematar esta fase haberá que realizar 150 horas prácticas nunha entidade ou 12 días nun campamento.

Prazas e lugar: 25 prazas que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición previa entrega da documentación requirida.

Prezo: 50€

Datas e lugar de realización: Xuño: 8,9,10,13,14,15,16,17,20,21,22,23,27,28,29,30
Xullo: 1,4,5,6,7,8,11,12,13,14,15,18,19,20,21,22

En horario de 8 a 14hs. Impartirase nas instalacións do IME (Instituto Municipal de Educación) na Praza da Industria s/n. Vigo.

Prazo e lugar de inscrición: Por rigorosa orde de inscrición. Dende as 10hs do día 30 de maio e ata cubrir prazas. Inscrición presencial na Casa da Xuventude (López Mora nº31) con toda a documentación requerida:
+ Fotocopia do DNI
+ Fotocopia do graduado escolar ou equivalente
+ Ficha de inscrición debidamente cuberta(descargar xuventudevigo.org) ou cubrila na Casa da Xuventude.
+ Foto
+ Copia de volante de empadroamento(descargar na www.vigo.org)

Máis info: www.xuventudevigo.org e na Casa Xuventude (986.294806)