Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 5 mai 2016
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA
DE GOBERNO LOCAL DO 6 DE MAIO DE 2016.


1.- Acta da sesión ordinaria e extraordinaria e urxente do 22 de marzo de 2016.

ALCALDÍA
2.- Dar conta de Resolucións de Alcaldía. Expte. 73/1102 :

a) Cesamento de asesor do GM do Partido Popular.
b) Nomeamento de novo asesor do GM do Partido Popular.
c) Retribucións asesor GM do Partido Popular.

BENESTAR SOCIAL
3.- Bases reguladoras de subvencións destinadas a proporcionar, mediante utilización de Bono-Taxi, un medio alternativo de transporte adaptado a persoas afectadas por graves discapacidades na súa mobilidade - ano 2016. Expte. 119563/301.

4.- Aceptación da prórroga da cesión de uso das instalacións da "Casa del Pescador" para o Albergue Municipal- CIIES, acordada polo Padroado da "Fundación Casa del Pescador-Institución Valeriola". Expte. 69737/301.

CONTRATACIÓN
5.- Adxudicación da contratación dos servizos de xestión, organización e desenvolvemento do programa municipal de inmersión lingüística "Vigo en Inglés 2016". Expte. 17468/332.

COMERCIO
6.- Expediente de contratación dos servizos de mantemento e reparación das instalacións de contenerización soterrada do Concello de Vigo. Expte. 5896/252.

DEPORTES
7.- Proposta de autorización para a organización da VII Carreira en Familia, o 7 de maio de 2016. Expte. 14828/333.

8.- Proposta de autorización para a organización do evento deportivo "V-10 Km Praia de Samil", o 8 de maio de 2016. Expte. 14853/333.

9.- Proposta de autorización para a organización do evento deportivo "Futsal na rúa", o 22 de maio de 2016.Expte. 14988/333.

EDUCACIÓN
10.- Conta xustificativa da Aula UNED Vigo- exercicio 2015. Expte. 17684/332.

IGUALDADE
11.- Dar conta da relación de expedientes tramitados polo réxime de contrato menor no Servizo de Igualdade durante o mes de abril do ano 2016. Expte. 7167/224.

12.- Bases reguladoras e convocatoria de subvención da Concellería de Igualdade a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas e/ou actividades de promoción das mulleres para o ano 2016. Expte. 7089/224.


RECURSOS HUMANOS
13.- Nomeamento interino de 4 auxiliares administrativos por execución de programa temporal, e 4 auxiliares administrativos por acumulación de tarefas, baixo as modalidades previstas no art. 10.1.c) e d), respectivamente, do RD lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, do TREBEP. Expte. 27857/220.

14.- Corrección de erro do Acordo da Xunta de Goberno Local de data 29/04/2016 (no expediente núm.: 27195/220). Expte. 28063/220.

15.- Programa para a adecuación ao modelo de tramitación dixital na Área de Asesoría Xurídica. Expte: 27887/220.

16.- Execución das sentenzas nº 173 e nº 371/2015, dictadas polo X. Contencioso-admnistrativo nº 1 de Vigo e o TSXG (recorrente: Dna. Iria Álvarez Canella). Expte. 26863/220.

17.- Complemento de produtividade a Dna. Mª Dolores Hernández Vidal, adscrita ao posto "Xefe/a de Fiscalización" e nomeada "Administradora insititucional da base de datos nacional de subvencións" por resolución de data 22/04/2016. Expte. 28067/220.

18.- Indemnizacións por razón de servizo de varios servizos municipais, dende novembro 2015 a marzo 2016. Expte. 28034/220.



19.- Dar conta de resolucións do concelleiro-delegado de Xestión municipal e Persoal, que di o seguinte:

a) Declaración da xubilación obrigatoria do empregado público municipal D. Serafín Bernárdez Pérez, con data de efectos de 04.05.16. Expte. 28046/220.

b) Declaración da xubilación obrigatoria do empregado público municipal D. Antonio Da Maia Pereira, con data de efectos de 18.05.16. Expte. 28047/220.

SEGURIDADE E MOBILIDADE
20.- Expediente de contratación do servizo público de estacionamento regulado e controlado na vía pública mediante parquímetros. Expte. 90514/210.

SERVIZO DO ÁREA DE CULTURA
21.- Subvención ao Conservatorio Superior de Música de Vigo para o desenvolvemento do Programa "Festival nas Ondas" durante o exercicio 2016. Expte. 788/330.

22.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo servizo da Área de Cultura durante o mes de Abril de 2016. Expte. 818/330.

23.- Transferencia de financiamento do Concello de Vigo á Fundación Laxeiro para o funcionamento durante o exercicio 2016. Expte. 1513/341.


SERVIZOS XERAIS
24.- Proxecto técnico e custos asociados ao mesmo, para a execución das obras de "Renovación da rede de saneamento no calello dos Caños". Expte. 2567/440.

25.- Proposta de aprobación do Proxecto de obras "Humanización da rúa Doutor Corbal, Fase I". Expte. 3206/443.

26.- Proposta de aprobación do Proxecto de obras "Humanización da rúa Ferreiros. Fase II". Expte. 3211/443.



27.- Requirimento da Consellería de Sanidade ao Concello de Vigo, de ingreso de achega realizada polo Servizo Galego de Saúde, no ano 2015, para o financiamento da obra de acometida eléctrica necesaria para a construción e funcionamento do novo Hospital "Álvaro Cunqueiro". Expte. 3855/440.

VIGOZOO
28.- Expediente de contratación da prestación de servizos de control de accesos e atención ao público nas dependencia de VigoZoo. Expte. 7144/612.

29.- Expediente de contratación do servizo de limpeza nas instalacións do Parque das Ciencias-VigoZoo. Expte. 7145/612.

30.- Rogos e preguntas.


DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 6 de maio de 2016, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á Secretaria do Goberno e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE. Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 4 de maio de 2016.


O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL,



Abel Caballero Álvarez Olga Alonso Suárez.