Escoitar

As familias dos 416 beneficiarios das bolsas de inglés terán unha xuntanza informativa o martes 7 de xullo

O Auditorio Mar de Vigo será o lugar no que as familias dos 416 beneficiarios das bolsas de inglés participen o próximo día 7 de xullo nunha charla informativa. Tal e como explicou o rexedor, desde o ano 2008 xa son preto de 2.600 alumnos os que gozaron dunha estancia en réxime de inmersión lingüística.

venres, 3 xul 2015
O alcalde anunciou que a xuntanza informativa coas familias dos 416 beneficiarios das bolsas de inglés será o martes 7 de xullo ás 19,30 horas no Auditorio Mar de Vigo. Este programa, do que xa se beneficiaron preto de 2.600 alumnos, inclúe estadías de tres semanas en Reino Unido e/ou Irlanda en réxime de inmersión lingüística, e os alumnos viaxarán na primeira quincena de setembro, de xeito que poidan empezar o curso escolar nos centros británicos.

O Programa "Vigo en Inglés" ten como obxectivo primordial ofrecer ao alumnado que vai escomenzar 4º de ESO a oportunidade de mergullarse na lingua e cultura británicas e aprender nun High School en réxime de integración co alumnado nativo.