Escoitar

O alcalde apoia as "demandas xustas" dos traballadores das subcontratas de Telefónica

Tras unha reunión hoxe martes con representantes dos traballadores, Abel Caballero afirmou que os afectados -máis de 100 en Vigo- teñen un "aliado no alcalde de Vigo para as súas demandas xustas", pois "a crise non pode ser argumento para explotar aos traballadores". O alcalde ve "imprescindible" que as empresas atendan ás reclamacións laborais do persoal.

martes, 5 mai 2015
1430839848telefonica.JPG
O alcalde explicou que os traballadores están "laboralmente maltratados por Telefónica e polas empresas subcontratadas", máis de 100 empregados en Vigo directamente afectados "pola incapacidade de diálogo" das compañías.

Caballero considerou "imprescindible" que tanto Telefónica como as empresas subcontratadas atendan aos traballadores, quenes realizan a súa función "con salarios de subsistencia, facendo horas extras que non cobran, traballando once horas e cobrando oito horas, coa inseguridade das contratas e pedíndolles traballos que non se corresponde cos convenios", denunciou o rexedor vigués. "A crise non poder ser un argumento para explotar aos traballadores, e menos nunha empresa tan importante como Telefónica", concluíu Caballero.
Descargar todas as imaxes