Escoitar

O goberno de Vigo eloxia a "alta calidade" e o "carácter multidimensional" de ALT.15

Así o manifestou este xoves o concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, durante a presentación da 14ª edición do Festival Alternativo das Artes Escénicas de Vigo, que ten lugar do 9 ao 15 de marzo en distintos puntos da cidade. O Concello é o colaborador principal do ALT, un evento internacional que engade o cine, a danza e a música ás representacións teatrais de compañías nacionais e internacionais.

xoves, 5 mar 2015
1425563961alt.JPG
O concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez Escudero, participou esta mañá na presentación da edición deste ano do Festival Alternativo das Artes Escénicas de Vigo, que arranca o próximo luns, 9 de marzo, e ata o domingo, 15 de marzo.

Rodríguez apuntou que, coa nova edición, "se consolida" o ALT como festival de "alta calidade" e se sitúa como "referente a nivel nacional e internacional", ao traer a compañías tanto de Vigo e Galicia como do resto de España, Portugal e Francia. O concelleiro subliñou a "deslocalización das representacións", a súa "orixinalidade" e o "carácter multidimensional" desta proposta cultural, que abranque o teatro, a danza, exposicións e o cine. "O Concello comprométese a ir mellorando a súa proposta e a súa participación no mundo ALT nos próximos anos", asegurou Rodríguez Escudero, quen reivindicou o apoio das institucións públicas na cultura.

Lola Correa, directora do ALT, agradeceu os apoios que recibe o festival, en particular o do Concello de Vigo como patrocinador principal, tanto na achega económica como na cesión de espazos. Salientou a participación este ano de compañías de Vigo e do resto de Galicia, así como de España e singularizou a presencia de artistas procedentes de Portugal e Francia. A dirección puxo en valor os distintos espazos que acollerán as propostas incluidas en ALT.15, como o auditorio municipal, a Casa das Artes, o Conservatorio Superior de Música e o MARCO, entre outros. Correa recordou que os prezos das representacións de pago mantéñense en 5 euros e agradeceu a resposta do público o ano pasado, cando chegouse a esgotar o papel.
1425563961alt.JPG
1425563971CartelALT15.jpg
Descargar todas as imaxes

Máis información