Escoitar

O Concello, premiado por un proxecto de modernización, innovación e eficacia

O Concello de Vigo ven de ser galardoado co Premio Galicia 2015 polo proxecto Plataforma Xestión Global Cidade Intelixente, recoñecendo o traballo municipal en modernización e innovación así como na mellora da eficiencia da administración local e na prestación de servizos á cidadanía. Abel Caballero indicou que o proxecto municipal distinguido foi presentado en novembro durante as Xornadas de Vigo Smart Cities&Communities.

luns, 26 xan 2015
O alcalde de Vigo informou este luns do galardón concedido pola empresa independente Socinfo, premios organizados desde Madrid que distinguiron o proxecto vigués Plataforma Xestión Global Cidade Intelixente, un recoñecemento ao traballo municipal en modernización e innovación, así como o esforzo por mellorar a eficacia.

O goberno local presentou o proxecto premiado en novembro, durante as xornadas de Vigo Smart Cities&Communities. Os seus obxectivos son a mellora da xestión global da cidade, a coordinación de servizos, a eficiencia da administración local e prestar novos e mellores servizos á cidadanía.