Escoitar

O Concello coopera con "satisfacción" coa programación do Festival Sinsal 12

O Festival Sinsal volve a Vigo o 6 de decembro na súa edición 12 cunha programación que unha vez máis aposta pola "diferenza, a sorpresa e o eclecticismo". Na rolda de presentación, Caballero felicitou aos organizadores e amosou a súa "satisfacción " por poder cooperar de novo cun certame consolidado xa na cidade.

xoves, 27 nov 2014
1417095211sinsal.JPG
O alcalde transmitiu esta mañá a súa "satisfacción" por poder cooperar unha vez máis coa décimo segunda edición de Sinsal 12, unha nova aposta pola "diferenza, a sorpresa e o eclecticismo". Acompañado polo codirector do certame, Julio Gómez, referiuse á conxugación de experiencia e xuventude que caracteriza unha proposta artística que xa está consolidada na cidade.

Tal el como avanzou, os concertos serán o 6 de decembro en dous espazos: o auditorio do Marco e a Sala Máster. As 20,30 horas comezará a actuación no Museo de Arte Contemporáneo, de Sandra Kolstad, unha promesa da electrónica europea chegada desde Noruega. A continuación, tocará Half Japanese, unha das bandas estadounidenses de rock máis influíntes e referenciadas da historia do indie rock. Ese mesmo día, ás 23,30 horas, a Sala Máster acollerá a Pere Abu, unha proposta fundamental para comprender a música actual, que tamén chega de Estados Unidos.
Descargar todas as imaxes