Escoitar

O Concello inicia en Reconquista a renovación de todo o pavimento pétreo do casco urbán

O concelleiro de Fomento deu conta esta mañá do inicio dos traballos de renovación de todo o pavimento pétreo do casco urbán. Concretamente, as obras comezarán mañá na rúa Reconquista e seguirán con Carral, Príncipe, Praza da Estrela, que tamén se iniciarán esta semana.

luns, 20 out 2014
1413806703david.JPG
As obras de reparación do pavimento pétreo de todo o casco urbano arrancan mañá martes na rúa Reconquista, seguindo, a continuación, con Carral. Segundo explicou o concelleiro de Fomento, David Regades, en rolda de prensa, tamén se acometerán de xeito inmediato, algúns traballos xa comezaron en Elduayen, Príncipe, Praza da Estrella, Hernán Cortés, Pablo Morillo, Marqués de Valladares, Velázquez Moreno. Quedará pendente a rúa Progreso que se realizará unha vez rematadas as obras en Ronda don Bosco.

Respecto do tráfico, na primeira fase destes traballos,( Reconquista, Marques de Valladares), os desvíos de tráfico serán cara as rúas: Carral, Darío Alvarez Blázquez e Policarpo Sanz, ou García Olloqui, Luis Taboada e Concepción Arenal. Cando os traballos sexan en Carral, a circulación dirixirase por García Olloqui, Compostela e Reconquista.

Tal e como explicou o responsable municipal, aproveitando o bo tempo e con dous turnos de traballo, vanse iniciar o mércores a renovación dos seguintes pavimentados nas seguintes rúas: Inés Perez de Ceta, Canadelo Baixo, Pastora, Casiano Martínez (Bouzas), Pereiró (Castrelos), Núñez de Balboa (Coia). Segundo a previsión de Regades, estas obras estarán rematadas en 15 días, se as condicións climatolóxicas o permiten.

Ao mesmo tempo, indicou, están a punto de rematar as humanizacións da rúa Moaña, Areal e Camelias (fase I e II), e en breve comezará a fase III (desde Praza de Independencia ata a Praza de América).
Descargar todas as imaxes