Escoitar

O alcalde entrega unha bandeira de Vigo ao equipo español que participará na volta ao mundo a vela

O alcalde de Vigo recibiu hoxe ao equipo español dirixido por Pedro Campos que participará na Volvo Ocean Race –volta ao mundo a vela-. O rexedor fixolles entrega dunha bandeira de Vigo que lles acompañará ao longo das mais de 38.000 millas nauticas que percorrerán e que será izada en cada un dos nove portos nos que farán escala.

xoves, 28 ago 2014
1409229820P8292727.JPG
O rexedor municipal, acompañado pola tenente de alcalde Carmela Silva e o Concelleiro de Deportes Manel Fernández, deu esta mañá a benvida a tripulación da embarcación española nun acto celebrado en Marina Davila Sport, onde esta embarcación permanecerá fondeada ata a sua partida cara o porto de Alicante onde terá lugar a saida desta regata oceánica, a máis importante do mundo, o próximo catro de novembro.

Despois de saudar ao director do equipo Pedro Campos e ao patrón da embarcación Iker Martínez así como a todos os integrantes da tripulación, o rexedor municipal procedeu ao izado no propio barco dunha bandeira da cidade que os acompañará durante os nove meses de travesía. En palabras do propio alcalde "este e un proxecto deportivo dunha grande envergadura e é unha honra para o nosa cidade que a nosa bandeira os acompañe".

Pola súa banda o director do equipo español, Pedro Campos, quixo agraceder o apoio do Concello de Vigo e manifestou que para el e para todo o equipo será un placer levar a bandeira da cidade ao longo de todo o mundo.

Descargar todas as imaxes