Escoitar

O Concello participa e opta a proxectos europeos de mobilidade por valor de 30 millóns

O alcalde explicou este mércores que Vigo xa está a participar en tres proxectos europeos e opta a conseguir outros tres que totalizan un financiamento de 30 millóns de euros. Caballero avanzou que "queremos poñelo en contacto co CTAG, o CEAGA e o desenvolvemento do ámbito da automoción en Vigo".

mércores, 16 abr 2014
1397648666alcalde6.jpg
O Concello de Vigo participa en tres proxectos europeos como o Compass 4D -cun orzamento de 5 millóns de euros para a implementación de servizos cooperativos para a mellora da seguridade e a eficiencia-, o CO-GISTICS -orzamentado en 3,7 millóns para servizos de carga intelixentes para a reducción das emisións- e no P4ITS -con medio millón de euros adicados a sistemas de licitación de tecnoloxías de ITS-.

Ao tempo, segundo avanzou o rexedor, o Concello optará a outros proxectos como o USEFUL -unha mellora loxística de reparto de mercadorías en ámbitos urbanos-, o ARTUMES -entre 5 e 8 millóns para adaptar e integrar os corredoiros cooperativos comuns- e o DaVinci -con 10 millóns de euros para participar en distintos corredoiros cooperativos europeos, nos que Vigo proporá o atlántico e cantábrico entre Vigo e San Sebastián, chegando ata Burdeos-.
Descargar todas as imaxes