Man Xornal.vigo.orgXornal.vigo.org Concello de Vigo Contacto
Noticias
Subscribirse
Noticias
Temas
Dosieres
Discursos
Previsions
Vigo na prensa
Info Grafica

Participa


 
xoves, 29 de marzo de 2007

Imprimir | Enviar | Escoitar


O PEPRI do Casco Vello recibe o visto bo do Consello da Xerencia

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo acordou hoxe xoves proporlle ao Pleno da Corporación a aprobación definitiva do Plan Especial de Protección e Reforma Interior (PEPRI) do Casco Vello de Vigo. A decisión contou cos votos favorables de PP e BNG. O PSdeG-PSOE abstívose e o PG votou en contra.




O PEPRI do Casco Vello fora aprobado inicialmente pola Xunta de Goberno Local en febreiro de 2004. O documento que recibiu o visto bo do Consello da Xerencia hoxe xoves inclúe modificacións derivadas da estimación de parte das alegacións presentadas ao PEPRI aprobado inicialmente. Estas modificacións veñen motivadas polas propostas dos servizos técnicos e xurídicos da propia Xerencia Muicipal de Urbanismo, modificadas en parte polo informe emitido pola Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia en marzo de 2006.

O paso que o PEPRI do Casco Vello deu hoxe xoves cara á súa aprobación definitiva foi recibido por PP e BNG como un acontecemento importante para esta zona da cidade, xa que o consideran "fundamental" para que o Consorcio do Casco Vello, no que participan o Concello, a Xunta e Zona Franca, poida desenvolver o seu cometido. José Manuel Figueroa, do PP, afirmou que hoxe xoves se aprobou "un documento moi importante" para a recuperación "tan necesaria e tan demandada" do Casco Vello. Pola súa parte, Henrique Viéitez, do BNG, cualificou o documento de "fundamental para que o Consorcio do Casco Vello poida actuar".

O representante do PSdeG-PSOE Mauricio Ruiz xustificou a abstención do seu grupo argumentando que, se ben o PEPRI do Casco Vello é necesario, deben realizarse correccións antes de levalo a Pleno. Estas correccións refírense ao volume edificable de zonas como a da Panificadora, a do Asilo e a do Barrio do Cura, que se ve duplicado co novo PEPRI mentres desde o PSdeG-PSOE se avoga por mantelo; á altura dos edificios nestas áreas, que tamén se ve incrementada en contra do criterio dos socialistas; e ao aproveitamento público contemplado no documento para o Casco Vello, que é "o mínimo posible", segundo afirmou Mauricio Ruiz.
Mais noticias
Once novos vehículos, dotados de alta tecnoloxía, conforman o novo servizo da grúa
A Deputación realizará novos investimentos en Vigo por valor de 1.851.000 euros
45 persoas reciben os diplomas de formación do proxecto Activate
Presentación da terceira edición do Festival de Jazz "IMAXINA SONS 2007"


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003