![]() |
![]() |
|||||
| Noticias |
|
|
VI Trofeo de tiro con arco ” Nito Ruiz”
Esta competición pertence a unha tirada da Real Federación Española de Tiro con Arco clasificatoria para o campionato de España desta disciplina. Á competición asistirán en torno a 65 arqueiros de Galicia, Portugal e outros lugares do territorio estatal. Entre os asistentes ó trofeo destaca a presencia do subcampión de España absoluto e a medalla de bronce en mulleres. O trofeo desenvolverase nunha tirada inicial dividida en dúas quendas de 30 frechas cada unha a triple diana. Posteriormente levaranse a cabo as eliminatorias que darán lugar as finais e a proclamación da campións. Nesta competición entregarase unha frecha de prata ó deportista que logre o récord do campionato que na actualidade ten Isidro Veiras con 568 puntos, conquistado na edición do ano pasado. O remate da competición proclamaranse os campións do Trofeo e procederase a entrega de trofeos ós gañadores. |
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||
© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003 |