Escoitar

Castrelos terá “unha gran pantalla xigante” para ver a final da Eurocopa 2024

Abel Caballero convidou a todo Vigo para ver o partido que disputará a Selección Española fronte a Inglaterra, o domingo ás 21:00 horas.

xoves, 11 xul 2024
Federación Española de Fútbol
Federación Española de Fútbol

A final da Eurocopa 2024 poderá verse nunha pantalla xigante que o Concello de Vigo instalará no Auditorio de Castrelos, no que se colocarán “2.500 cadeiras na platea” de acceso libre ata completar aforo. Do mesmo xeito que nos concertos de verán, todo o que o desexe poderá situarse tamén na bancada. O partido entre a Selección Española e Inglaterra terá lugar ás 21:00 horas do domingo.

 

Federación Española de Fútbol
Descargar todas as imaxes