Escoitar

Abre o prazo de inscrición para a VIII Andaina polos Montes de Vigo

O Concello celebra a xornada o 14 de maio con catro itinerarios e programación familiar no parque forestal de Beade. O prazo de inscrición está aberto ata o 12 de maio ás 14 horas. Pódese reservar praza no 010 ou no 986 810 260.

venres, 28 abr 2023

O Concello celebra a VIII Andaina polos Montes de Vigo o domingo 14 de maio con catro itinerarios para a adaptación a todos os públicos e cunhas actividades familiares ao remate das rutas no parque forestal de Beade.

O alcalde presentou a actividade xunto á directora de Responsabilidade Social Corporativa de Vegalsa-Eroski, Gabriela González, como actividade dentro do programa Camiño a Camiño enmarcado no convenio con esta entidade.

“Haberá unha andaina longa de 21km, con partida ás 8 da mañá. Outra media de 10km que sae ás 10 horas e unha curta de 4,5km con saída ás 11 horas”, enumerou Abel Caballero na presentación. Tamén está programada unha “peque-ruta” de 2km ao redor do Monte Alba. Todos os itinerarios rematan no parque forestal de Beade onde están programadas actividades familiares e infantiles a partir das 13 horas.

A actividade require inscrición previa, que pode facerse no 010 ou no 986 810 260 antes do 12 de maio ás 14 horas. Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirxe ao mail info@caminoacamino.org, ao WhatsApp 662 23 10 23 ou consulta a páxina web caminoacaminovigo.org.

Descargar todas as imaxes