Escoitar

O Concello oferta 325 prazas de campamentos infantís para a Semana Santa

O obxectivo municipal é favorecer a conciliación da vida familiar e laboral con actividades infantís e xuvenís gratuítas para as familias viguesas. O prazo de inscrición comeza este mércores 15 de marzo na web www.xuventudevigo.org.

martes, 14 mar 2023
Foto de arquivo dun campamento de verán.
Foto de arquivo dun campamento de verán.

O alcalde explicou en rolda de prensa que os campamentos incluirán xogos cooperativos, deporte, obradoiros creativos, teatro infantil, interpretación medioambiental, expresión corporal, danza e baile.

O Concello oferta 325 prazas de balde para os campamentos de Semana Santa das que 25 serán prazas inclusivas. As actividades celébranse os días 3, 4, 5 e 10 de abril en horario de 7:45 a 15:15 horas, con aula matinal ata as 9:00 horas e servizo de friameira de 14:00 a 15:00 horas.

Caballero deu conta dos lugares de celebración dos campamentos: Ceip Ramón y Cajal (50 prazas), Ceip Doutor Fleming (50), Pavillón de Coia (50 prazas), Pavillón Central das Travesas (120 prazas) e Casa da Xuventude (50 prazas).

A inscrición comeza mañá mércores 15 de marzo, ás 10 horas na web www.xuventudevigo.org e as prazas asignaranse por orde de inscrición, ata que se cubran.

 

Descargar todas as imaxes