Escoitar

Vigo conta dende hoxe con novos autobuses urbanos

Son 29 autobuses, dos que 22 son 100% híbridos con motor eléctrico. Como sinalou o rexedor, “contan cun sistema de condución eléctrica ampliada, que baseándose en datos en tempo real o vehículo cambia automaticamente ao modo eléctrico”.

mércores, 1 mar 2023

 

Os novos vehículos circularán principalmente nas liñas C1 e L4, as que rexistran maior afluencia de viaxeiros, e posteriormente tamén na L5 e a liña A que chega ata o aeroporto, xa que catro deles teñen zona de maleteiro para desenrolar esa función.

Os autobuses 100% híbridos con motor eléctrico permiten aforrar unha media do 30% do consumo de combustible en comparación cun bus diésel, ademais logran unha redución das emisións de CO2 nun 39%. Abel Caballero explicou que con esta renovación “baixa de forma moi importante a media de idade da flota”.

Unha das principais características é a condución eléctrica ampliada, permitindo que baseándose nos datos en tempo real (tendo en conta cuestións como o transito por unha zona de baixas emisións, a climatoloxía ou a topografía do vía), o autobús pasa de xeito automático ao modo eléctrico. A maiores, estes vehículos poden recuperar continuamente enerxía e cargan a batería durante as freadas ou costas abaixo. Os 29 autobuses novos contan con sistema “Start and Stop” e entre as melloras para usuarios e condutores están as cámaras de visión externa, sistema de videovixilancia e cargadores USB.

Descargar todas as imaxes