Escoitar

O goberno local dá conta no Pleno da liquidación do orzamento

O edil de Facenda, Jaime Aneiros, deu conta da liquidación do orzamento do ano 2022: “Seguimos transformando a cidade, é distinta que fai 15 anos e será distinta dentro de 4 ou 8”, sinalou. A Corporación Municipal gardou un minuto de silencio polo falecemento de Ceferino de Blas, cronista da cidade.

mércores, 22 feb 2023
A Corporación garda un minuto de silencia en recordo de Ceferino de Blas, cronista oficial da cidade, falecido este domingo en Vigo
A Corporación garda un minuto de silencia en recordo de Ceferino de Blas, cronista oficial da cidade, falecido este domingo en Vigo

O concelleiro de Facenda deu conta da liquidación do orzamento do 2022, o cal indicou que ten “indicadores positivos”, cunha recepción por cada cidadán de 929 euros de servizos e inversións fronte aos 500 euros de presión fiscal.

Na liquidación de 2022, o goberno municipal incorpora ao orzamento 95 millóns de euros de remanentes, nos que se inclúen obras como a Grada de Marcador (8 millóns), o ascensor Halo (8,2 millóns), o Paseo de Bouzas (2,1), a humanización de Teixugueiras en Navia (2,7), o aparcamento de Matamá (1 millón), a Porta do Sol (7,2 millóns), o Túnel de Lepanto (4,3 millóns), ou o Parque de bombeiros Esturáns (1,3 millóns), entre outros.

Aneiros expuxo algunhas das partidas como os 20,7 millóns en acción social; 15,1 millóns para cultura, museo, bibliotecas e festas; a bonificación ao transporte urbano para viaxeiros: 12,8 millóns; o fomento do deporte e instalacións deportivas: 10,4 millóns; 10,1 millóns de euros para o funcionamento dos centros educativos; 4,6 millóns dedicados a financiar as bolsas de inglés; para o fomento do emprego: 4,5 millóns e 4,3 para a promoción turística da cidade.

“Seguimos transformando Vigo, unha cidade distinta á de fai quince anos e será distinta dentro de catro ou oito”, concluíu Aneiros.

A oposición, pola súa banda, criticou a falta de inversión, ao que o concelleiro reprochou que “non teñen ningún mensaxe para a cidadanía”

Urbanismo

A edil de urbanismo, María Xosé Caride, tamén deu conta da contratación mediante trámite de emerxencia das obras de desmontaxe da fachada en Camiño Seara 60

Descargar todas as imaxes