Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 12 de setembro de 2003

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Galicia, un País no Mundo

O concelleiro de Cultura, Santiago Domínguez Olveira e o director do Igadi ( Instituto Galego e Documentación Internacional), Xulio Ríos presentaron os actos que se celebrarán o próximo mércores en Vigo con motivo do 70 Aniversario do recoñecemento internacional de Galicia como unha nacionalidade.

Os actos que se celebrarán o 18 de setembro e consistirán na colocación , ás 19.30 horas, dunha placa de lembranza de Plácido Castro na rúa Reconquista,11. Ás 20 horas no auditorio do Centro Social Caixanova celebrarase un acto cívico presentado po Carmen Vaquero e no que intervirán Santiago Domínguez Olveira, Xulio Ríos, Xosé González Martínez, Xosé Luís Rodríguez Pardo, Ramón Villares, Ramón Lugrís, Issac Díaz Pardo e Francisco Fernández del Riego. Ó remate da charla haberá unha actuación da Coral Polifónica da Asociación Máximo Gorki de Solidariedade entre os Pobos, dirixida por César Lorenzo Álvarez.

Galicia, un País no Mundo

Manifesto Conmemorativo do 70 Aniversario do Recoñecemento Internacional de Galicia como unha Nacionalidade.A participación no IX Congreso de Minorías Nacionais Europeas, organismo adxunto á Sociedade das Nacións, reunido en Berna (Suíza) do 16 a 18 de setembro de 1933, constitúe un evento de primeira magnitude ao concretar, por primeira vez na nosa historia recente, a comparecencia de Galicia, con personalidade propia, nun encontro internacional.
Mais noticias
O Concello e Caixanova asinan un convenio de colaboración de 60.000 euros de cara á World Fishing
Exposición "Malas Artes: Maquinacións"
Reunión da Comisión de Goberno
A Fundación Laxeiro inaugura unha exposición de debuxos inéditos do pintor


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003