Escoitar

A liña de alta velocidade Vigo-Ourense por Cerdedo avanza na súa tramitación

O alcalde mantivo unha xuntanza coa secretaria de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Isabel Pardo de Vera, na que deron a coñecer os avances na liña de alta velocidade Vigo-Ourense por Cerdedo, que segue na súa tramitación xa na Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

luns, 30 xan 2023

Tal e como avanzou o rexedor en rolda de prensa, a reunión deste luns con Isabel Pardo de Vera permitiu avanzar "nos proxectos estrela da cidade", como a liña de alta velocidade Vigo-Ourense por Cerdedo, a saída sur ferroviaria e a autovía en túnel a O Porriño.

Abel Caballero amosou a súa satisfacción tras avanzar que a LAV Vigo-Ourense por Cerdedo está a avanzar na súa tramitación e a documentación está entregada na Confederación Hidrográfica Miño-Sil, que dará informará o estudo hidroxeolóxico: "Todo sinala que o estudo ten luz verde, pero necesita o informe", explicou o rexedor, que considera que "estamos a falar de palabras maiores porque o seguinte paso é a licitación".

O alcalde tamén declarou que o Goberno de España está a traballar "en profundidade" na construción da autovía en túnel a O Porriño e nos avances na saída sur ferroviaria, o cal ampliou os prazos no proceso de licitación para dar máis oportunidades as empresas.

Xunta de Goberno da FEMP

O alcalde de Vigo presidirá este martes, no Concello de Toledo, a Xunta de Goberno da FEMP, na que se prevé realizar un balance sobre a evolución dos Fondos Europeos asignados ás entidades locais.

O mércores, 1 de febreiro, Abel Caballero participará na Audiencia que As Súas Maxestades os Reis ofrecerán á Comisión Nacional do Bicentenario da Policía Nacional, da que Caballero forma parte en calidade de presidente da FEMP. A Comisión está presidida polo Ministro do Interior, Fernando Grande Marlaska e dela forman parte o Secretario de Estado de Seguridade, o director xeneral da Policía, varios directores e directoras xerais e reitores de varias universidades, entre outras autoridades.

Descargar todas as imaxes