Escoitar

Concello VigoCultura inicia a súa programación con “Pachamama” de Troula Animación

O espectáculo da compañía viguesa abre ás 19 horas deste venres, na rúa do Príncipe, a programación municipal deste primeiro semestre de 2023 que ofrecerá 27 espectáculos para tódolos públicos de teatro, danza, circo e maxia.

venres, 27 xan 2023

O alcalde deu conta en rolda de prensa este venres da programación que cualificou de “extraordinaria mobilización cultural cun orzamento de 300.000 euros, que está sendo un éxito absolutamente incontrovertible”. Tal e como sinalou, Concello Vigocultura é xa un “referente nas artes escénicas de Galicia”, acadou no ano 2022 a cifra total de 20.000 espectadores “e imos superalos este ano”.

Desde o 27 de xaneiro e ata o 30 de abril, Concello VigoCultura programa 27 espectáculos para todos os públicos con propostas de teatro, danza, circo, maxia e espectáculos para bebés. Estarán na cidade un total de 27 compañías que realizarán 92 funcións en 29 datas de programación con estreas mundiais de tres compañías viguesas: “The best magic trick in the world” de Maxia na Manga, “3240” da compañía DeuVE e “ReVolta” de Juanito e Filomena, teatro comedia para celebrar o Día Internacional da Muller.

Haberá tamén estreas en Galicia de varias pezas: “A mellor obra da historia” de Spasmo Teatro; “Passport”, de Yllana; “As aventuras do león vergoñoso” do Pot Petit; “Creatura” de Lapso Producións e Malabart e “Latexes” de Compañía D’Click, dous espectáculos para conmemorar o Día Mundial do Circo e “LOOP” de Aracalanza para celebrar o Día Internacional da Danza.

 

Descargar todas as imaxes