Escoitar

O alcalde recibe a Noela Avendaño, nova funcionaria municipal

Abel Caballero saudou este venres a Noela Avendaño Paredes quen vén de acadar a súa praza de funcionaria na Xerencia Municipal de Urbanismo, logo de máis dunha década de traballo na entidade dependente do Concello. No acto de sinatura da súa praza, estivo acompañada pola súa familia e por representantes de Down Vigo que promove a plena integración das persoas con Síndrome de Down e discapacidade intelectual.

venres, 23 dec 2022
O alcalde e a concelleira de Urbanismo, María José Caride, na sinatura da praza por parte de Noela Avendaño

Descargar todas as imaxes