Escoitar

“Un neno, un sorriso”, a campaña municipal de recollida de xoguetes

O alcalde acompañado da Asociación de Bombeiros de Vigo presentou este luns a campaña solidaria que permanecerá aberta á doazón de xoguetes novos ata o vindeiro 2 de xaneiro.

luns, 5 dec 2022
O alcalde, a concelleira de Benestar Social, Yolanda Aguiar, e unha representación da Asociación de Bombeiros de Vigo
O alcalde, a concelleira de Benestar Social, Yolanda Aguiar, e unha representación da Asociación de Bombeiros de Vigo

“Quero agradecer e recoñecer o xesto de xenerosidade coa cidade dos bombeiros” que desenvolven esta campaña solidaria en colaboración co Concello e coa finalidade de que tódalas nenas e nenos poida recibir xoguetes este Nadal.

A Asociación de Bombeiros de Vigo e o goberno municipal desenvolver “Un neno, un sorriso” poñendo en marcha a recollida de xoguetes novos que poderán depositarse, desde este luns 5 de decembro e ata o próximo 2 de xaneiro, en dous puntos de recollida: o Parque Central de Bombeiros de Vigo, na rúa Angel de Lema e Marina, 46 en Teis e a Asociación Veciñal Praza da Miñoca, situada na rúa Luís Casado, 12. O material recollido será distribuído pola concellería de Política Social entre as familias da cidade.

Na presentación estiveron presentes Néstor Reinaldo, presidente da Asociación de Bombeiros de Vigo, que chamou á colaboración cidadá na campaña; José Carlos Romero, membro da Asociación de Bombeiros de Vigo e Adrián Castiñeiras, vicepresidente da mesma.

Descargar todas as imaxes