Escoitar

Papa Noel volve á súa casa de Vigo

Abel Caballero anunciou que esta tarde ás 18:30h, Papa Noel instálase na súa casa de Policarpo Sanz, onde recibirá as peticións dos “nenos e nenas ata o 24 de decembro”.

xoves, 1 dec 2022

Como vén sendo habitual nestas datas, Papa Noel regresa á súa vivenda de madeira de Vigo, ubicada na rúa de Policarpo Sanz un ano máis. Os nenos e nenas poderán acudir todos os días laborables de 17:00h a 21:00h; así como os sábados, domingos, festivos e o venres 23 de decembro, nos que estará tamén pola mañá de 11:00h a 14:00h e de tarde de 17:00h a 21:00h.

Descargar todas as imaxes