Escoitar

O Concello coopera con MAPFRE e FEAFES na formación para o emprego verde de persoas con problemas de saúde mental

O alcalde felicitou esta mañá á Fundación MAPFRE e Saúde Mental FEAFES polo seu programa Xuntos somos capaces que permitiu formar en labores de xardinería a 11 persoas con discapacidade intelectual e saúde mental. O obxectivo é impulsar a inclusión social deste colectivo.

luns, 21 nov 2022

Abel Caballero entregou esta mañá, xunto coa Fundación MAPFRE e Saúde Mental FEAFES Galicia, os diplomas do obradoiro de capacitación para o Emprego Verde-Xardinería a 11 persoas. Estas entidades cooperan no marco do programa Xuntos somos capaces, que ten por obxectivo impulsar a inclusión social de persoas con discapacidade intelectual e saúde mental fomentando as relacións entre empresas e entidades sociais desde un enfoque innovador que permite a inclusión laboral deste colectivo.

A formación, integramente presencial, tivo unha duración de 180 horas lectivas que combinaron sesións teóricas e prácticas en empresas colaboradoras do sector como a U.T.E. Acciona-Mantén, responsable do mantemento das zonas verdes da cidade. Na entrega de diplomas, Caballero expresou a súa satisfacción ante iniciativas de inclusión laboral como este obradoiro, felicitando a promotores e alumnos aos que trasladou os seus mellores desexos.

Descargar todas as imaxes