Escoitar

O Concello rematará en dous meses as obras de consolidación do talude de San Roque

O goberno local está xa a realizar os traballos de consolidación do talude de San Roque para dotar de seguridade este espazo. O Concello executa unhas obras que durarán dous meses e teñen un orzamento de 109.000 euros que financia Abanca.

mércores, 16 nov 2022

O alcalde anunciou esta mañá que o goberno local xa está a acometer as obras de consolidación do talude no Pazo de San Roque. Cun orzamento de 109.000 euros -que son abonados por Abanca como propietaria - e unha duración de dous meses, o Concello prevé, ademais de dotar de seguridade a zona, minimizar os traballos de conservación e mantemento posterior así como conseguir unha axeitada integración e un baixo impacto visual.

 

Descargar todas as imaxes