Escoitar

O 19 de setembro abre o prazo de inscrición ao Club de Lectura do MARCO

O alcalde informou do inicio da tempada do Club de Lectura #BiblioMARCO que este ano terá tres grupos e a inscrición segue a ser de balde.

luns, 12 set 2022

O luns 19 de setembro ás 9:00 horas ábrese o prazo de inscrición, de xeito gratuíto, para o Club de Lectura #BiblioMARCO na tempada 2022-2023. Abel Caballero informou que haberá tres grupos con prazas limitadas a 18 persoas en cada un deles.

A partir de outubro a Biblioteca-Centro de Documentación do MARCO reinicia a actividade con un grupo virtual e dous presencias. As sesións lévanse a cabo unha vez ao mes.

Para formar parte do Club hai que inscribirse a través do correo centro.documentacion@marcovigo.com unha vez comece o prazo, 19 de setembro ás 9:00 horas. As personas interesadas deben achegar o nome, apelidos, teléfono de contacto e o grupo no que lle gustaría participar.

Caballero describiu a actividade como “un espazo de encontro e debate para o intercambio de ideas das persoas interesadas na literatura”.

Descargar todas as imaxes