Escoitar

A Carreira da Cereixa regresa este domingo a Beade

Anunciouno hoxe xoves Abel Caballero, unha proba popular que chega á súa novena edición este domingo, 29 de maio, con modalidades de cinco e dez quilómetros. Organizada polo Club Deportivo CSCR de Beade, a cita forma parte do RunRunVigo, o circuíto de carreiras populares da cidade.

xoves, 26 mai 2022
Abel Caballero, este xoves en rolda de prensa.
Abel Caballero, este xoves en rolda de prensa.

Na web municipal pódese consultar toda a información relativa á IV Carreira da Cereixa, que, segundo explicou este xoves o alcalde, presenta dúas modalidades: unha de dez e outra de cinco quilómetros. Para ambas distancias a cita ten lugar en Beade este domingo, 29 de maio, proba organizada polo Club Deportivo CSCR de Beade e integrada no circuíto de carreiras populares de Vigo.

Descargar todas as imaxes