Escoitar

O goberno municipal aproba as axudas ao asociacionismo e a participación cidadá cun orzamento de 416.000 euros

A convocatoria do Concello quere apoiar as actividades organizadas polas entidades veciñais e contribuír aos gastos de mantemento e investimento que realicen. Este ano, como novidade, poderán imputar os gastos do IBI aquelas que teñan locais propios ou alugados que llo repercutan.

venres, 6 mai 2022

A Xunta de Goberno Local aprobou as bases reguladoras e convocatoria das subvencións para o fomento do asociacionismo e da participación cidadá do ano 2022, que teñen un orzamento de 416.000 euros. O Concello quere apoiar con estas axudas, concedidas por concorrencia competitiva, a entidades veciñais e sociedades culturais sen ánimo de lucro nas actividades que realicen entre o 1 de novembro de 2021 e o 30 de setembro de 2022. Poderán pedir o financiamento dos gastos de mantemento e funcionamento das entidades, cun presuposto de 242.000 euros, e os gastos de investimento en equipamento, en obras e adquisición de inmobles, para o que se reservan 174.650 euros.

Abel Caballero explicou que, nesta convocatoria, por primeira vez, as entidades que teñen locais non cedidos polo Concello ou alugados poden imputar os gastos en IBI. “Había unha situación moi inxusta porque había asociacións que tiñan locais municipais e non pagaban o IBI e outras teñen locais propios pagando IBI ou alugados que llo repercutían. A partir de agora, as entidades poden imputar eses gastos”, aclarou.

Ordenanza de cemiterios

A Xunta de Goberno aprobou tamén a apertura do trámite de consulta pública previa á tramitación e aprobación da “Ordenanza reguladora do servizo público dos cemiterios”. Ábrese a consulta pública para que as persoas poidan participar no proceso da nova Ordenanza de cemiterios. O alcalde explicou que o goberno municipal propón unha maior protección ambiental con medidas como a preparación de terreo nos cemiterios municipais onde se poidan depositar urnas biodegradables. E no tocante á regulación urbanística, apuntou que “imos establecer protección aos monumentos dos nosos cemiterios”. O obxectivo é empezar a actuar primeiro en Pereiró e despois continuar co resto de cemiterios municipais: Beade, Bembrive, Cabral, Candeán, Lavadores, Teis e Zamáns no proceso de modernización a través da nova ordenanza.

Amais, recibiu luz verde o convenio de colaboración coa Fundación Secretariado Xitano 2022-2025, por un importe de 64.000 euros. O obxectivo é a execución de programas de inclusión sociolaboral da poboación xitana de Vigo a través do “ Proxecto acceder – Vigo emprego” que ofrece accións formativas. Tamén se aprobou o convenio de colaboración coas entidades sociais Alborada, Amaina e Érguete para o desenvolvemento do “Programa de prevención das drogodependencias e outras condutas aditivas durante o ano 2022”. Ten un importe de 84.800 euros para desenvolver campañas dirixidas á pob

Descargar todas as imaxes