Escoitar

O goberno local investiu 7 millóns de euros en renovar os terreos de xogo de 44 campos de fútbol

O campo de fútbol de Santa Mariña de Cabral sumarase en breve aos corenta e tres terreos de xogo que o Concello renovou nos últimos anos, algúns deles en colaboración coa Deputación de Pontevedra. Tal e como detallou o rexedor, o Concello actuou en 24 campos de fútbol municipais e 19 de titularidade privada cun orzamento de 7 millóns de euros.

xoves, 21 abr 2022
O alcalde e a presidenta da Deputación na posta en funcioanamento do novo céspede do campo do Vao
O alcalde e a presidenta da Deputación na posta en funcioanamento do novo céspede do campo do Vao

A Xunta de Goberno Local adxudicou esta mañá a renovación do céspede artificial e instalacións do campo de fútbol Santa Mariña de Cabral. Deste xeito, xa xon 44 os terreos renovados polo Concello -nalgúns casos en colaboración coa Deputación - cun orzamento que se eleva a 7 millóns de euros. Son 24 campos municipais e 19 de titularidade privada, entre os que se atopan, entre outros, Navia; Candeán; Meixoeiro; A Bouza; Bouzas; Sárdoma; San Andrés de Comesaña; Samil; Valadares; San Miguel; Monte da Mina; Etea: 362.694 euros; Navia e Sárdoma (campos fútbol 7); Fragoselo e A Guía-Teis.

Os traballos previstos en Santa Mariña pasan por renovar o céspede artificial, colocar un novo colector para os servizos soterrados, instalar nova iluminación e unha caldeira de biomasa. O importe destas obras -que arrancarán a finais desta temporada - é de 499.908 euros.

O goberno local tamén deu luz verde a un convenio dotado con 47.000 euros coa entidade deportiva Club Vigo Voleibol, que conta cun equipo de elite na categoría segunda (Superliga -división de honra 2). Como xa é coñecido, o Concello dedica neste ano 2022 423.000 euros a 11 entidades de élite da cidade: Coruxo FC; C.D. Bosco; Amfiv; Sárdoma CF; Mosteiro Bembrive; Club Atletismo Femenino Celta; Real Club Celta de Atletismo; SD Carballal; Trasnos Béisbol Club; Club Ciclista Rías Baixas e Club Vigo Voleibol

Finalmente, a Xunta de Goberno Local tamén validou a transferencia de 125.000 euros para financiar o programa de actividades da Fundación Vigo en deporte.

 

Descargar todas as imaxes