Escoitar

O Grupo Socialista insiste na necesidade dunha liña de autobús ao Aeroporto de Vigo

O Pleno insta á Xunta a implantar e financiar unha liña de autobús que conecte o centro de Vigo co aeroporto, “nos mesmos termos que fai con outras cidades da Comunidade Autónoma”, expuxo o edil de facenda.

mércores, 29 dec 2021

O Grupo Municipal Socialista demanda á Xunta unha liña de autobús desde o centro da cidade ao Aeroporto de Vigo, “como existe noutras cidades de Galicia”. O edil de Facenda replicou que “é de xustiza que a cidade máis poboada de Galicia conte con unha liña de transporte público ao seu aeroporto de referencia”.

Jaime Aneiros expuxo que a comunicación das persoas, familias e empresas de Vigo e da súa área de influencia co resto do Estado a través do transporte público é una cuestión de indubidable interese público e de carácter, incluso, intermunicipal. Ademais, puxo de manifesto que a mellor conexión aeroportuaria para achegarse a Madrid, Barcelona ou Canarias, o Aeroporto de Vigo “é o mellor medio de transporte público co resto do Estado” e cifrou a ocupación dos voos nun 90%.

Aneiros apuntou que “é unha cuestión de interese público e acosou, no debate, ao goberno galego “de facer chantaxe” ao condicionar o financiamento do servizo a un convenio.

Descargar todas as imaxes