Escoitar

Unanimidade na quinta prórroga do Consorcio Casco Vello

Todos os grupos votaron a favor de renovar o Consorcio Casco Vello por catro anos máis.

mércores, 22 dec 2021
Unanimidade na votación da prórroga do Consorcio Casco Vello
Unanimidade na votación da prórroga do Consorcio Casco Vello

O Pleno prorrogou co apoio de todos os grupos o Consorcio Casco Vello de Vigo, a quinta prórroga desde que comezou a operar no ano 2006. A concelleira de urbanismo, María José Caride, cualificou o asunto da orde do día como “importante” e manifestou a vontade de seguir na rehabilitación, posta en valor e dotar de vida o Casco Vello.

A edil dixo que existen dos períodos diferenciados: O primeiro cunha “vocación de intervención os primeiros anos” e un segundo “que languidece”. Segundo Caride, dos 35 millóns totais, 20 deles investíronse nos cinco primeiros anos do Consorcio. Ademais, considera “errada” a estratexia do organismo ao non deixar alugar ao Concello os locais baleiros no barrio vigués e pediu máis colaboración entre as administracións.

O concelleiro non adscrito manifestou que “o Consorcio debe servir para moito máis que para que Fernández-Tapias faga selfies na entrega das vivendas”. O Grupo Mixto pediu ter unha oficina de rehabilitación que abarque todo o termo municipal e non só o Casco Vello e pediu “máis ambición”. Para os populares o Consorcio “é un exemplo de éxito” e felicitou aos funcionarios que traballan na administración.

Caride manifestou o interese en manter o organismo e seguir investindo na cidade. Todos os edís votaron a favor da quinta prórroga, que suporá a vixencia do Consorcio Casco Vello catro anos máis.

Descargar todas as imaxes