Escoitar

O goberno municipal dedica 50.000 euros aos deportistas de alto nivel da cidade

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a resolución da convocatoria de axudas para deportistas de alto nivel de Vigo co obxectivo de contribuír ao “exercicio da súa excelencia deportiva”.

xoves, 9 dec 2021
Abel Caballero comparece en rolda de prensa
Abel Caballero comparece en rolda de prensa

O alcalde deu conta este xoves dos acordos adoptados na Xunta de Goberno que, na área de Deportes, inclúe a aprobación da resolución destas axudas con contías de entre 500 e 2.500 euros para deportistas de alto nivel de diferentes modalidades para facilitar o desenvolvemento da súa traxectoria deportiva.

Ademais, quedou aprobada a subvención de 7.000 euros a favor da entidade Asociación Deportiva Memorial Quino Salvo para a organización do V Memorial Quino Salvo.

A Xunta de Goberno deu luz verde ás normas reguladoras do circuíto de carreiras populares “RunRunVigo 2022” co que o Concello retoma este programa de fomento da práctica do deporte popular, agora que se están recuperando as competicións. En 2022 incluiranse 12 probas: Subida ao Castro, Carreira do Calvario, Carreira 10k Teis, media maratón Vig Bay, HappyGoRunning – Cidade Universitaria, Carreira da Cereixa, Carreira nocturna Correndo por Vigo, Carreira Nocturna San Xoán, 10km Xornadas Marisqueiras do Berbés, Vigo Contra el Cáncer, Vigo+11,e a Carreira solidaria Érguete e corre.

 

 

 

Descargar todas as imaxes