Escoitar

O rexedor celebra o “fito” da construción da Facultade de Económicas

Abel Caballero participou este luns no acto conmemorativo do 30 aniversario da construción do edificio que alberga a Facultade de Económicas da Universidade de Vigo no Campus As Lagoas onde destacou que supuxo un “fito na cidade” e que se erixiu como unha referencia arquitectónica. No acto no que interviñeron o reitor da Universidade, Manuel Reigosa, o arquitecto da obra, Alfonso Penela, o decano de Económicas, Jorge Falagán, e o primeiro decano, Manuel Varela, inaugurouse un mural de MM Puhinger para evocar a data.

luns, 27 set 2021
O alcalde, o reitor e o decano de Económicas co autor do mural, MM Puhinger
O alcalde, o reitor e o decano de Económicas co autor do mural, MM Puhinger
O alcalde, o reitor e o decano de Económicas co autor do mural, MM Puhinger
Descargar todas as imaxes