Escoitar

O Concello reabre a praia da Manquiña unha vez finalizados os traballos de seguridade

Abel Caballero informou este venres da conclusión das obras iniciadas a pasada semana, co que se deu a orde de retirar o valado e abrila de novo ao público. Houbo que retirar uns eucaliptos que presionaban o talude e ameazaban con precipitarse sobre o areal.

venres, 20 ago 2021
Abel Caballero, este venres
Abel Caballero, este venres

Ademais da tala de sete exemplares de eucalipto, tamén se delimitou a zona de pedras con postes de madeira para garantir as condicións de seguridade. Os traballos eran necesarios ante unha situación que “podía producir severos danos ás persoas”, indicou o alcalde. Cun orzamento lixeiramente superior aos 1.700 euros, as obras comezaron a pasada semana, unha vez o Concello recibiu a autorización do Servizo Provincial de Costas para a súa realización.

Abel Caballero tamén reiterou a súa satisfacción pola retirada da praia de A Manquiña da Delimitación de Usos Portuarios que propoñía o Porto de Vigo. O alcalde cualificou a idea de “peregrina”.

Descargar todas as imaxes