Escoitar

O Concello repara a cuberta dunha das vivendas do xacemento arqueolóxico do Castro

Abel Caballero explicou este xoves que os traballos comezaron hai dúas semanas, unha actuación “sinxela pero importante” nunha das vivendas castrexas recreadas no xacemento. Será “lento e minucioso”, afirmou o alcalde, porque “queremos que as instalacións castrexas de Vigo teñan a mellor das atencións”.

xoves, 29 xul 2021

Cando estea concluída a obra, todas as vivendas castrexas recreadas no xacemento terán sido reparadas polo Concello. Nesta última, iniciada hai unhas dúas semanas, a actuación ten lugar sobre a cuberta e houbo que agardar para comezala por razóns metereolóxicas.

Descargar todas as imaxes