Escoitar

Abel Caballero visita o campo de fútbol de Fragoselo tras as obras de acondicionamento

A obra consistiu no cambio do céspede por un de “primeira calidade” segundo dixo o rexedor na visita as instalacións. Ademais, fíxose unha reparación puntual de canaletas perimetrais para recollida de augas pluviais e do rego do campo, así como reixas e canalizacións.

mércores, 21 xul 2021

O Concello e a Deputación de Pontevedra costearon as obras do campo de fútbol de Fragoselo que mudou o céspede por un de “primeira calidade”, en palabras do rexedor.

O custe da obra foi de 212.000 euros. Ademais de mellorar o terreo de xogo, fíxoxe unha reparación puntual de canaletas perimetrais para recollida de augas pluviais e do rego do campo, así como reixas e canalizacións.

Abel Caballero deu a benvida a esta Deputación polos feitos dos últimos anos, actuacións en colaboración co Concello. Ademais desta remodelación, tamén ambas institucións están a colaborar na renovación do céspede artificial e instalacións no campo de A Guía, en Teis. Isto supón que ambas actuacións, enmarcadas no verán para non afectar a actividade deportiva, sube a 554.944 euros.

Tamén o alcalde lembrou a renovación do terreo de xogo no campo municipal de O Vao, en execución actualmente, “para que o Coruxo FC teña un campo á altura do que significa o Club”, sentenciou.

En rolda de prensa o rexedor rememorou a actuación durante estes anos en 43 terreos de xogo: Navia, Candeán, Meixoeiro, A Bouza, Bouzas, Sárdoma, San Andrés de Comesaña, Samil, Valadares, San Miguel, Monte da Mina, ETEA e os campos de fútbol 7 de Navia y Sárdoma e que está pendente de licitación o campos de Santa Mariña en Cabral cun importe de 499.908€.

Descargar todas as imaxes