Escoitar

O alcalde convoca o venres o Pleno para desbloquear o Barrio do Cura, que estará en obras “en menos dun ano”

A Xerencia de Urbanismo aprobou definitivamente este martes a modificación puntual do Plan Xeral para a reordenación do Barrio do Cura, que será validado polo Pleno este mesmo venres. Caballero mostrou a súa “gran satisfacción” por unha “importantísima” decisión: “Levamos máis de 25 anos agardando por este momento”.

martes, 20 xul 2021

Últimos pasos na tramitación administrativa do Barrio do Cura. Logo da aprobación este martes da modificación do PXOM na Xerencia de Urbanismo, o Pleno celebrará este venres ás nove da mañá unha sesión extraordinaria que ratificará o cambio e desbloqueará finalmente a urbanización da céntrica parcela.

Unha vez o DOG publique o previsible acordo que adoptará a Corporación este venres, os promotores estarán en condicións de presentar ante o Concello os proxectos de urbanización e de compensación, que xa están “adiantados”, en verbas de Caballero. Se hai uns días estimaba o inicio das obras nun ano, hoxe o alcalde avanzou que conta co que os traballos comecen “en menos dun ano”.

“É unha decisión importantísima”, valorou Caballero, “levamos máis de 25 anos agardando por este momento”. O alcalde recordou que, pese a que a lei só obriga a reservar un dez por cento, o Barrio do Cura contempla un trinta por cento de vivenda protexida, ademais de elevadores, parques, novos espazos públicos e estacionamentos. “É unha gran satisfacción, é a rexeneración e a recuperación dunha parte fundamental do centro de Vigo”, manifestou.

Paseo Lagares

Na Xerencia de Urbanismo tamén aprobouse a contratación das obras dun novo tramo do Paseo do Lagares entre Manuel Álvarez e a Avenida de Madrid. Se actuará en 3.216 metros.

Abel Caballero considera un “un bo investimento” o millón douscentos mil euros adicados a facer “un paseo preparado, con 140 árbores de gran tamaño e 640 máis pequenos”. O rexedor sinalou que está “en negociacións” cos titulares do polígono de Miraflores para remata toda a senda fluvial.

Descargar todas as imaxes