Escoitar

A aprobación do ámbito de Cruceiro habilitará na zona un bulevar de 30 m de ancho

O Concello xa ten en marcha o proceso de ordenación provisional do ámbito de Cruceiro onde se vai instalar Bricomart, do grupo Leroy Merlín. Esta actuación permitirá ao Concello recibir de xeito gratuíto un bulevar de 30 metros no que se integrará un carril bici, unha zona peonil e un parque.

xoves, 13 mai 2021

A Xerencia de Urbanismo dará luz verde a ordenación provisional para o ámbito de Cruceiro ao amparo do Instrumento de medidas provisionais. A continuación, será validado na Xunta de Goberno para ser aprobado na próxima sesión plenaria.

O ámbito de Cruceiro vai desde a rotonda da Avenida de Europa coa VG20 ata o cruce regulado con semáforo con Camiño Freixeiro e rúa San Paio. A propiedade cederá gratuitamente ao Concello un bulevar do mesmo ancho do de Coia, 30 metros, que arrancará desde a avenida de Europa e chegará ata Finca Solita. Este espazo contará con carril bici , con zona peonil e unha zona de xogos diante de Navia e do colexio Amor de Dios. Deste xeito, a zona converterase nunha primeira pedra moi importante da continuación dese gran parque lineal que unirá As Travesas e Samil.

Con esta actuación, o Concello habilitará solo para materializar 40.887 m² de uso terciario, categoría gran superficie comercial na que se instalará Bricomart, do grupo Leroy Merlín. Tal e como aclarou o rexedor, este espazo non competirá co pequeno comercio, senón que será un factor adicional de estímulo comercial para toda a cidade.

Descargar todas as imaxes