Escoitar

Vigo afiánzase como espazo de referencia para a produción de contidos audiovisuais

As rúas de Vigo acolleron o ano pasado a rodaxe de 26 producións audiovisuais un balance que nos sitúa como un referente galego na xeración de contidos audiovisuais. Esta tarde, o rexedor recibirá á responsable dunha de Bambú Producciones, que está a rodar na cidade a serie Un asunto privado.

xoves, 13 mai 2021

O alcalde manterá un encontro esta tarde Teresa Ferández Valdés, unha das fundadoras de Bambú Producciones, compañía que desde outubro roda en Vigo a serie Un asunto privado para Amazon Prime Vídeo que estará dispoñible para todos os países. Trátase, dixo, dunha serie ambientada no Vigo dos anos 40 con actores como Aura Garrido, Jean Renó, Ángela Molina, Álex García, Gorka Otxoa, Tito Valverde e Andrés Velencoso. Traballaron en diversas localizacións como o Casco Vello, o astaleiro Vulcano, Club Náutico de Vigo, Hotel Bahía, Policarpo Sanz, Plaza de Compostela, entre outras.

O rexedor manifestou o “entusiasta” apoio municipal a esta actividade cunha dobre dimensión. Como promotor económico e xerador de emprego, así como pola labor de divulgación que supón da cidade. A este respecto, confirmou que Vigo estase afianzando como cidade de rodaxe xa que o ano pasado acolleu un total de 26 producións, un balance que nos sitúa como espazo de referencia en Galicia para a produción de contidos audiovisuais. Concretamente, detallou, ao longo do ano pasado as rúas de Vigo foron plató para dúas largometraxes; unha serie de televisión, seis cortos, cinco programas de televisión, seis documentais, dous videoclips e catro anuncios publicitarios.