Escoitar

O Concello inicia a humanización de Taboada Leal, entre Don Bosco e Venezuela

Cun orzamento de máis de medio millón e un prazo de execución de sete meses, o Concello está a piques de acometer a primeira parte da humanización de Taboada Leal. O primeiro tramo no que se actúa é o comprendido entre o Don Bosco e Venezuela.

martes, 20 abr 2021
Infografía da humanización de Taboada Leal
Infografía da humanización de Taboada Leal

O alcalde deu conta esta mañá do inicio dos traballos previos ao comezo da humanización de Taboada Leal -entre as rúas Don Bosco e Venezuela. Financiada en convenio coa Deputación de Pontevedra, esta obra ten un importe de 565.243,95 euros e un prazo de execución de 7 meses. En rolda de prensa, o alcalde avanzou que o resto da rúa vaise humanizar máis adiante e constatou que o tramo que no que se vai actuar de xeito inmediato está moi deteriorado.

Outra das humanizacións nas que xa está a traballar o Concello é a da rúa Tercio de Afora. Segundo aclarou Caballero, hoxe mesmo 18 veciños están a asinar cesións de terreos para poder ampliar as beirarrúas.

Descargar todas as imaxes