Escoitar

O ministro de Cultura traslada o “compromiso irrenunciable” do Goberno coa Biblioteca do Estado en Vigo

Abel Caballero mantivo un encontro este luns en Madrid con José Manuel Rodríguez Uribes que considera “óptimo” o espazo proposto polo Concello na rúa Lalín para situar esta infraestrutura que segue o seu proceso de tramitación.

martes, 23 mar 2021

O alcalde amosouse “satisfeito” coa viaxe realizada a Madrid e informou do acordado co titular de Cultura, José Manuel Rodríguez Uribes, que lle transmitiu o compromiso irrenunciable do Goberno de España coa Biblioteca pública do Estado en Vigo, que estará na rúa Lalín, no espazo e lugar “determinado” polo goberno municipal, que estimou “óptimo e con espazo sobrado”. Segundo informou ao rexedor, a Biblioteca segue progresando na súa tramitación e será pagada ao 100% polo Ministerio, coa previsión de que estea acabada en tempo e forma.

O rexedor lamentou que a Xunta de Galicia non “dea facilidades” e estea “poñendo dificultades” para a construción da Biblioteca do Estado en Vigo. Con todo, asegurou, “vaise facer a favor ou en contra da Xunta de Galicia”.

Así, Caballero agradeceu “infinito” o traballo e compromiso do Ministro de Cultura con Vigo.

Ademais, explicou que no encontro que mantivo co Ministro de Política Territorial, Miquel Iceta trasladoulle “toda a vocación do seu departamento de vehicular unha parte importantísima dos seus recursos a través das entidades locais”.